Data
18/04/2019 _ 20:30 h
Lugar
Teatro Colon
Prezo: 10 € / 12 €
Categoría
Pablo Castaño Quartet feat. Ugia Pedreira
Presentación do disco A-la-láa. Xoves 18 Abril. Teatro Colón
A-la-láa explora desde a linguaxe do Jazz as melodías e modos do alalá, xénero fundamental da música patrimonial galega. Adaptacións, composicións propias e versións en formato de cuarteto coa colaboración vocal da grande Ugia Pedreira en dous temas. O cuarteto de Pablo Castaño, de tradición jazzística, está composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Atópase influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequenos ensembles esenciais da historia do jazz liderados por instrumentos de ventos, dende Lester Young, Charlie Parker, John Coltrane e un longo etc. O álbum bebe de fontes rigorosas como o Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro, ou o Cancioneiro Popular Galego da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubart.
- Pablo Castaño: Saxo
- Yago Vázquez: piano
- Max Gómez: batería
- Demian Cabaud: Contrabaixo
- Ugia Pedreira: Voz
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web