Palco Aberto ZdZ’22

Data
10/07/2022 _ 12:00 h


Volta o Palco Aberto ZdZ!. Logo de dous anos de obrigada ausencia deste evento dentro do programa da Zona da Zanfona, organízase esta mostra e convivio ao redor do instrumento que nos convoca. Xuntanza das escolas galegas de zanfona para mostrar o que se está a aprender hoxe sobre este instrumento e o seu repertorio. Esta pretende ser unha reunión anual para que zanfonistas do país poidan partillar experiencias e mostralas ao público de Rianxo. Para este ano está confirmada a presencia das aulas de zanfona de aCentral Folque e do Padroado de Cultura de Narón, con Óscar Fernández, da E-Trad de Vigo con Anxo Pintos, da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra e do Conservatorio de Torroso en Mos con Vitor Soto, da Ponte-Velha de Santo Tirso con João Martins, das Escolas da Terra da Coruña con Miro Casabella e da Escola de Zanfonas de Caldas da Raíña de Suso Vaamonde.

O espazo de celebración mudou con respecto ao anunciado e non será na Praza de Rafael Dieste. Será no Pazo do Rianxiño, tamén no centro da vila

A seguir do recital, haberá un xantar popular para músicos e acompañantes confraternizar distendidamente para facer unha foliada informal na sobremesa.

Se queres asistir a este evento gastronómico, reserva a túa praza escribindo un mail a info@folque.com.

Ademais este ano farase o sorteo dunha zanfona durante o evento, a Lotaría ZdZ na que podes participar aquí.

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed