VII Palco Aberto ZdZ’23

Data
02/07/2023 _ 12:00 h

Lugar
Pazo do Rianxiño

Prezo: de balde

Categoría


Palco Aberto ZdZ é un evento dentro do programa da Zona da Zanfona, organízase esta mostra e convivio ao redor do instrumento que nos convoca. Este 2023 será a 7ª edición desta actividade, un universo particular no propio festival que cada ano medra en asistencia debido á puxanza no ensino da zanfona que a zanfona ten experimentado nos últimos anos.

O PA ZdZ é a xuntanza das escolas galegas de zanfona para mostrar o que se está a aprender hoxe sobre este instrumento e o seu repertorio. Esta pretende ser unha reunión anual para que zanfonistas do país poidan partillar experiencias e mostralas ao público de Rianxo. Outros anos contou presencia das aulas de zanfona de aCentral Folque e do Padroado de Cultura de Narón, con Óscar Fernández, da E-Trad de Vigo con Anxo Pintos, da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra e do Conservatorio de Torroso en Mos con Vitor Soto, da Asoc. Brisas do Quenllo de Ariel Ninas, da Ponte-Velha de Santo Tirso con João Martins, das Escolas da Terra da Coruña con Miro Casabella e o alunado de zanfona de  Suso Vaamonde. Cada ano somos máis!

O espazo de celebración será no Pazo do Rianxiño, tamén no centro da vila de Rianxo.

A seguir do recital, haberá un xantar popular para músicos e acompañantes confraternizar distendidamente para facer unha foliada informal na sobremesa.

Se queres asistir a este evento gastronómico, reserva a túa praza escribindo un mail a info@folque.com.

Logo do xantar teremos a presentación do Manual galego de zanfona co seu autor Suso Vaamonde.

 

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed