Data
19/12/2019 _ 19:00 h
Lugar
Casa do Concello
Prezo: de balde
Categoría
O vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30 h terá lugar no Salón de Plenos do concello de Cangas a presentación do disco do mítico músico Xico de Carinho “Na harmónica”, un traballo editado en formato de libro dun dos artistas máis senlleiros do país.
Natural de Cariñoe cidadán do mundo, especialmente o lusófono, afincouse hai moitos anos no Morrazo desde onde este mestre ten fundado grupos e proxectos con compromiso, militancia e axitación cultural.
Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal “A Nosa Terra”. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. “Na harmónica” abre Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.
Detalles do libro/CD:
- Libro-CD
- Colección: ZECA
- Ref: Z 01
- Páxinas: 90
- Fotografías e ilustracións orixinais: 30
- Idiomas: Portugués e galego
- ISBN 978-84-949511-6-9
Se che interesa o libro, podes mercalo na túa libraría máis próxima -se non o teñen, poden depila á distribuidora. tamén podes pedilo na tenda online de Inquedanzas Sonoras aqui. (PVP: 20 €)