Data
20/05/2023 _ 18:00 h
Lugar
Convento de Santo Agostiño
Prezo: de balde
Categoría
O vindeiro sábado 20 de maio de 2023 terá lugar a presentación do instrumento <<Rianxo 2.3>> que o luthier Suso Gestal e o músico Ariel Ninas levan desenvolvendo para o festival Zona da Zanfona dentro das xornadas que organiza Labra para o 1º Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais que terá lugar en Santiago desde o venres 19 até o domingo 21 de maio. O evento durante toda a fin de semana terá lugar no convento de Santo Agostiño, na zona vella compostelana.
A zanfona que se presentará será o modelo avanzado que esta edición do ZdZ se vai montar no curso de luthería os días 17 e 18 de xuño, un modelo que leva catro desenvolvéndose ao abeiro do festival para todos as persoas que alén de aprender facendo, levan un instrumento feito polas súas mans.
O programa completo deste 1º Encontro organizado pola Asoación Profesional Labra é o seguinte:
VENRES, 19 DE MAIO
- 11:00 – Mesa redonda para asociados/as. EVENTOS COMERCIAIS E FORMATIVOS NO GREMIO
- 12:00 – 13:30 INAUGURACIÓN DO ENCONTRO
- 13:00 – Conferencia / CERTIFICACIÓN E DOCUMENTACIÓN PARA O TEU INSTRUMENTO MUSICAL. Luisa Willsher – Madinter
- 16:00 – 20:00: EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
- 18:00 – Micro Aberto. MARCOS DOMATO / Presentación xeral do seu taller e dos seus instrumentos
- 19:00 – Micro Aberto. PABLO SÁNCHEZ / Presentación xeral dos seus instrumentos.
- 20:00 – Concerto na Igrexa de Santo Agostiño. CAPELA COMPOSTELANA
SÁBADO, 20 DE MAIO
- 09:30 – Mesa redonda para asociados/as. A ENSINANZA PRIVADA NOS TALLERES
- 11:00 – 13:30 e 16:00 – 20:00 EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
- 17:00 – Micro Aberto. REBERETE / Presentación do seu obradoiro e as últimas innovacións.
- 18:00 – Micro Aberto. SUSO GESTAL / Presentación da zanfona modelo “Rianxo 2.3”. Co músico ARIEL NINAS
- 19:00 – Micro Aberto. JOSÉ CATOIRA / O violín de 5 cordas na música galega.
DOMINGO, 21 DE MAIO
- 09:30 – Mesa redonda para asociados/as. A LUTHERÍA E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
- 11:00 – 13:30 EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
- 16:00 – 20:00. EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
- 17:00 – Conferencia / O ECO DAS ESTRELAS. Pablo Quintana – Editorial Canela
- 18:00 – Micro Aberto.FRANCISCO LUENGO – A recuperación dos instrumentos musicais desaparecidos.
- 19:00 – Conferencia / CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE VENTAS INTERNACIONAIS. Iñaki Leza – Acleto Consulting