Data
12/04/2014 _ 21:00 - 22:30 h
Lugar
Auditorio da Xunqueira
Prezo: alternative text
Categoría
Redondela presenta na Rede de Música Soltas este proxecto liderado polo contrabaixista José Manuel Díaz, cubano afincado en Galicia e que tocará en Ribadeo por primeira vez como líder da súa banda. Para este concerto especialmente con Felipe Villar (guitarra) e Chus Pazos (batería) , dous novos valores do jazz galego.
É a primeira formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Un trío que xorde da necesidade do artista de presentarlle ao público a súa música. Composicións orixinais que, baixo a linguaxe do jazz, se deixan harmonizar coas músicas populares cubana, brasileira, galega… e doutras culturas.
O resultado é un son que xunta o virtuosismo e a improvisación do jazz, coa forza das melodías identitarias e os ritmos das distintas músicas coas que este artista se divirte.