Data
23/05/2019 _ 20:30 h
Lugar
Teatro Colon
Prezo: 10 € / 12 €
Categoría
Sumrrá & Laura Iturralde. 6 mulleres – Audiovisual
Presentación do disco “6 Mulleres” Xoves 23 Maio. Pecha o ciclo Estación de Jazz.
Sumrrá, con 19 anos de traxectoria, centos de concertos por todo o mundo nas súas costas e o sexto disco recén lanzado ao mercado, presentan unha nova forma de ver e escoitar este fermoso disco “6 Mulleres”, acompañándose da videojockey Laura Iturralde.
6 mulleres rinde tributo a seis mulleres poderosas, como son Frida Kahlo, Rosa Parks, Rosalía de Castro, Qiu Jin, Malala Yousafsai e Nawal Él-Saadawi. Conciben con Laura Iturralde un espectáculo único de videocreación, deseñado exclusivamente para estas músicas, onde a propia Laura Iturralde os acompaña ao vivo sobre o escenario. Toda unha posta en escena de imaxe e son que leva un paso máis aló as ganas de colaboración e experimentación do grupo Sumrrá con outros artistas e campos artísticos.
- Manuel Gutierrez Iglesias: Piano
- Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo
- L .A. R. Legido: Batería
- Laura Iturralde: Videocreación
+ info: http://www.sumrra.com/
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web