Data
14/08/2014 _ 20:00 h
Lugar
Knocknarea Arena
Prezo: 20 € /16 €
Categoría
A “De Cuéllar Suite” é unha suite orquestral composta por Michael Rooney e interpretada pola Orquestra Ceol na Nog Sligeach -uns 50 músicos e bailaríns- a quen se xuntarán 8 músicos da Escola Livre da MPG de Santiago para un acto único que irmanará a música destas dúas rexións atlánticas.
Esta nova representación da peza está nos actos que se organizan ao redor da Fleadh Cheoil Sligo, os campionatos nacionais de música tradicional de Irlanda do 2014. A noite será completada polo concerto da flamante nova banda do acordeonista Máirtín O’Connor.
A partitura describe a incrível aventura do capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada Invencíbel no 1588 e un dos poucos supervivintes daquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.
A estrea tivo lugar o sábado 25 de xuño de 2011 no Radisson Hotel de Sligo, nun palco especialmente deseñado para acoller aos 75 músicos da Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearon a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica ante un entregado auditorio de máis de 800 persoas. Podes ver un estracto da actuación aquí. Na estrea participaron 15 músicos da Escola Livre da MPG de aCentral Folque convidados do Celtic Fringe Festival.
A expedición galega aporta instrumentos e xeitos da ELMPG: percusión tradicional, sanfona, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d’aCentral Folque.
A “De Cuellar suite” relata musicalmente a saída da Armada desde Lisboa e o seu paso por Coruña, a batalla coa flota inglesa, a dispersión da flota de De Cuéllar por Calais, a viaxe a redor de Gran Bretaña o seu paso por Escocia e o encallamento do barco en Sligo, do que De Cuellar foi un dos poucos supervivientes. A partitura segue coas súas aventuras en Irlanda, paso pola Escocia católica de entón e a volta a Flandes -daquela territorio da corao española.
A “De Cuellar Suite” e a HISTORIA DO CAPITAN DE CUÉLLAR
As composicións están baseadas na abraiante historia de Francisco de Cuellar, Capitán de navio que zarpou do porto da Coruña rumbo norte e un dos poucos superviventes das naos da Armada Invencíbel que encallaron en Streedagh Strand, Sligo en 1588.
A composición segue o enfrontamento da Armada coa frota inglesa, a súa derrota e loita desesperada subseguinte para regresar a España navegando ao redor da Gran Bretaña onde moitos dos barcos foron destrozados nun excepcionalmente tormentoso outono.
De Cuéllar loita para sobrevivir na súa odisea desde Streedagh por Sligo e Leitrim. A fame, feridas e morte próxima antes da súa chegada ao forte dos McClancys en Lough Melvin. Durante o inverno de 1588 con éxito sobrevive un asedio do seu castelo por parte dos exércitos ingleses e loitando do lado dos chieftains de Irlanda, devindo un heroe para os ollos locais.
Non sen sobresaltos e logo dun segundo encallamento en Flandes, consegue regresar á coroa española. É desde Amberes onde escribe unha carta a Felipe II relatando esta historia.