Data
28/07/2024 _ 23:59 h
Lugar
Parque de Bonaval
Prezo: de balde
Categoría
O vindeiro domingo 28 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, celebrarase máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na praza da Quintana, un evento producido por aCentral Folque e Nordesía, promovido polo concello de Santiago de Compostela e promocionado desde La Voz de Galicia.
Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval finalizando a xornada na Praza da Quintana. Para este ano o elenco contempla artistas internacionais coma Crua e Luís Peixoto desde Portugal; Rholben desde Inglaterra, Le Mange Bal desde Bretaña e o concerto especial de 40º aniversario da mítica banda escocesa Capercaillie. Desde Galiza teremos a Caamaño&Ameixeiras na praza da Quintana, Bailai Malditos (nas ruadas), Cantometrics, Lina e Lola, Os Carecos, Arroutes e Alana no parque de Bonaval e os máis intimos recitais solistas de Marcos Teira e Ariel Ninas na igrexa de San Domingos.
PROGRAMA TRADFEST COMPOSTELA 2024
Organizado por HORARIOS:
Parque de Bonaval:
- 12.00 Feira de Artesanía e Música. Durante todo o día até as 22 h
- 12.00 Costeira (na igrexa de San Domingos)
- 12.30 Bailai Malditos (con saída desde o parque e roteiro pola cidade)
- 12.30 Cantometrics
- 13.30 Lina e Lola
- 14.30 Crua
- 15.30 Luís Peixoto
- 16.30 Os Carecos
- 17.00 Bailai Malditos
- 17.30 Arroutes
- 18.00 Ariel Ninas (na igrexa de San Domingos)
- 18.30 Alana
- 19.30 Rholben
- 20.30 Le Mange Bal
Praza da Quintana:
- 21.30 Caamaño & Ameixeiras
- 23.15 CAPERCAILLIE. “40º aniversario”
Organizado por LUGARES
Igrexa de San Domingos de Bonaval:
- 12.00 Costeira (na igrexa de San Domingos)
- 18.00 Ariel Ninas (na igrexa de San Domingos)
Palco da Porta da Música no parque de Bonaval:
- 12.30 Cantometrics
- 14.30 Crua
- 16.30 Os Carecos
- 18.30 Alana
- 20.30 Le Mange Bal
Ruínas dos Arcos no parque de Bonaval:
- 13.30 Lina e Lola
- 15.30 Luís Peixoto
- 17.30 Arroutes
- 19.30 Rholben
Esplanada entre os Museos na entrada do parque de Bonaval:
- Feira de Artesanía e Música. Desde as 12 h até as 22 h
Praza da Quintana:
- 21.30 Caamaño & Ameixeiras
- 23.15 CAPERCAILLIE. “40º aniversario”
Ruadas pola cidade. *Os itinerarios poden sufrir algunha variación e percorrido
- 12:00 Bailai Malditos (Parque de Bonaval Bonaval – 8 Marzo – San Pedro – Cruceiro – Virxe da Cerca – Ensinanza – Praza Galicia – Senra – Alameda – Toural – Mazarelos – Mercado – Porta do Camiño – Bonaval)
- 17:00 Bailai Malditos (Bonaval – San Roque – Hospitaliño – Porta da Pena – Pinario – Moeda Vella – Inmaculada – San Francisco – Obradoiro – Fonseca – Rodrigo Padrón – Entrecercas – Bautizados – Toural – Rúa Nova – Rúa Xelmírez – Fonte Sequelo – Preguntoiro – Cervantes – Casas Reais – Bonaval)