Data
30/07/2023 _ 11:00 h
Lugar
Parque de Bonaval
Prezo: de balde
Categoría
O vindeiro domingo 30 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, celebrarase máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 15 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na praza da Quintana.
Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval finalizando a xornada na Praza da Quintana. Para este ano o elenco comtempla artistas coma Mastika desde Italia, Neizh da Bretaña, Duplex da Bélxica, 100 voltas con Verónica Codesal con músicos belgas e desde a Galiza Xurxo Fernandes, Mondra, Brúa, De Ninghures, David Bellas e Iván Abal, Pansenfron, Abril, Xoán Curiel Trío, Sindicato do Folclore, Alba María (cun obradoiro de regueifa) e os Enxebres San Lázaro (para as ruadas). Artistas de primeiro nivel para todo un día de programación desde as 11 horas até as oo.00h.
Este ano non haberá reserva de entradas e o acceso será libre e de balde até completar a capacidade dos espazos.
Ademais teremos unha feira de artesanía ao longo do día na entrada do parque, na esplanada entre os museos.
PROGRAMA TradFest Compostela 2023:
Mañán
- 11:30 Alba María no Escenario Bailes (Xirola). Obradoiro de repente de roda para familias
- 12:00 RUADA con Os Enxebres de San Lázaro
- 12:30 Sindicato do Folclore no Escenario Músicas (Arcos)
- 13:15 Xoán Curiel no Escenario Cordas e Sopros (Igrexa de San Domingos de Bonaval)
- 13:30 Pan.sen.fron no Escenario Cantos (Porta da Música)
Tarde
- 15:00 Abril no Escenario Cantos (Porta da Música)
- 16:00 Duplex no Escenario Músicas (Arcos)
- 16:45 Neizh no Escenario Cantos (Porta da Música)
- 16:00 RUADA con Os Enxebres de San Lázaro
- 17:00 Alba María no Escenario Bailes (Xirola). Obradoiro de repente de roda para familias
- 17:45 Brúa no Escenario Músicas (Arcos)
- 18:00 David Bellas & Iván Abal no Escenario Cordas e Sopros (Igrexa de San Domingos de Bonaval)
- 18:45 Mastika no Escenario Cantos (Porta da Música)
- 19:45 Mondra no Escenario Músicas (Arcos)
- 20:45 De Ninghures no Escenario Cantos (Porta da Música)
- 21:30 100 voltas na Praza da Quintana
- 23:00 Xurxo Fernandes