Os proxectos artísticos arredor das músicas tradicionais de Faltriqueira e Ariel Ninas viaxan por vez primeira aos Estados Unidos para facer unha xira dunha semana na Costa Leste visitando as cidades de Boston, Filadelfia e Nova Iorque en catro concertos que achegará a música galega ao público norteamericano. musicais Experimenta os ritmos vibrantes e as ricas melodías da música galega con Faltriqueira e Ariel Ninas na súa primeira xira por Estados Unidos! Citas en Boston, Filadelfia e Nova York.
Esta xira ten axuda da Axencia Galega das Industrias Musicais (AGADIC) para a internacionalización da música galega.
Faltriqueira son poderosas pandereteiras, mulleres que cantan músicas de tradición oral cun aire renovado acompañando as voces harmonizadas coas súas pandeiretas que sorprenderon a principios dos 2000 ao público galego e internacional cos seus dous primeiros discos (Faltriqueira, 2002 e Efffecto, 2006). Elas nunca deixaron este proxecto musical, parte da vida de mulleres que para esta tournée terán a axuda de Jorge Juncal ao acordeón.
Faltriqueira, con máis de dúas décadas de recoñecemento internacional, leva a esencia soul da música tradicional galega aos escenarios de Estados Unidos. Desde as raíces antigas da herdanza celta do norte de España, Faltriqueira mestura á perfección a polifonía con instrumentos de percusión e acústicos tradicionais.
As súas cativadoras actuacións son unha proba do seu espírito pioneiro na revitalización de tradicións ríxidas, infundíndolles xuventude, naturalidade e unha variedade ecléctica de estilos musicais. Tras agasallar en festivais de renome e compartir escenarios con lendas do xénero da música folk, a música de Faltriqueira transcende fronteiras, cautivando ao público de todo o mundo.
Ariel Ninas leva un espectáuclo solista aos palcos americanos en base á música tradicional arredor dun instrumento carismático como é a zanfona para viaxar emocionalmente ao corazón de Galiza, xusto ao outro lado da costa atlántica oriental dos EUA. Composicións propias, cantos de cego, instrumentais de baile con doses de virtuosismo e variedade xunto con gravacións documentais e paisaxes sonoras completarán o recital que abrirá a noite en cada un dos concertos.
Ariel Ninas toca música galega coa zanfona,. O seu espectáculo baséase neste repertorio xunto con creacións propias, cancións e instrumentais, baseados nas ancestrais melodías galegas, case nunca escoitadas nas Américas como solista e virtuoso da zanfona. Toca música con raíces na Idade Media como baladas do século XIV; melodías de baile tradicionais como as auténticas muinheiras (semellantes aos jigs irlandeses); composicións propias de música instrumental vibrante; aires lentos e suaves baseados no continuo son básico do zumbido da zanfona; e ‘cantos de cego’.
Datas e lugares:
Domingo 29 Setembro. Burren Backroom Series en Boston. The Burren Backroom at 247 Elm St Somerville, MA 02144, USA. + info
Sábado 5 Outobro. 2 pases de matinée e noite. Commodore John Barry Arts & Cultural Center en Philadelphia. 6815 Emlen Street, Philadelphia, PA 19119, USA + info and billetes anticipados
Domingo 6 Outobro. The DROM, 85 Avenue A, New York, NY 10009, USA. + info. Organiza o World Music Institute
VIDEOS
Apoios: