22:00 h | Soán
Campo da festa do Santuario de Belén
A cantante e investigadora Branca Villares presentará unha creación exclusiva para o Fechiño xunto á fagotista Patricia Castro e ao multiinstrumentista Mano Panforreteiro.
O concerto pechará o día grande do festival cunha proposta singular que conecta tradición oral, experimentación sonora e creación contemporánea.
O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.
Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.








