As Festas do Apóstolo de Santiago acollen unha nova edición do TradFest, o festival promovido polo Concello de Compostela e organizado por aCentral Folque e Nordesía Producións co apoio de La Voz de Galicia e AGADIC no que a tradición e a vangarda se xuntan para ofrecer unha proposta musical diversa e de calidade. Serán multitude de propostas diferentes de música tradicional actual, entre as que destaca a feira de artesanía e música que se celebrará no Parque de Bonaval e na que a través desta convocatoria convidámosche a participar.
Como parte do TradFest Compostela 2022, o festival unha mostra de artesanía no parque de Bonaval o vindeiro domingo 31 de xullo de 2021 aberto a todos as profesionais, tendas, luthieres e artistas e artesáns que queiran mostra e vender o seu traballo. A feira estará condicionada aos protocolos sanitarios estabelecidos para o momento da súa celebración e contará cunhas bases de participación que se poden descargar aquí:
Resumo do Evento: Feira de artesanía e música do TradFest 22.
Data: domingo 31 de xullo de 2022.
Horario de apertura ao público da feira: 11:30h a 21:30h.
Expositores:
- Luthiers
- Comercios, artesáns e marcas artesanais, creativas e de produtos enogastronómicos envasados
- Obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Lugar de celebración: Esplanada entre o CGAC e o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Carácter: Gratuíto para o público visitante da feira.
Cuota de participación: 25€ + ive para as marcas participantes.
Organización da feira: Correveydile.
Onde se celebrará a feira do TradFest?
Preinscrición
Todas as marcas interesadas en preinscribirse na Feira do TradFest deberán cubrir e enviar o formulario online que atoparán abrindo a seguinte ligazón antes do vindeiro martes 26 de xullo ás 23:59h: https://forms.gle/vzDBJrD1yp2BbGiS6
Información de contacto
As persoas interesadas en particiàr na Feira do TradFest poderán solicitar toda a información que precisen para valorar a súa participación no seguinte contacto: eventos@veydile.com
Alí estaremos!!!!!