O I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis ten lugar este venres 10 de xaneiro en Boimorto con ponentes convidados de Catalunya, Euskadi, Castela, Portugal, Galiza e Castela con convidados tan ilustres coma Domingos Morais, Carlos Guerreiro, Josu Larrinaga ou Joaquin Díaz. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Boimorto.
A tradición dos Reis permaneceu viva ata hai pouco tempo en Boimorto, e en toda a comarca, é por iso que dende hai dez anos vense celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Paralelamente convocáronse concursos de recolla de folclore arredor deste tempo e publicáronse un libro cd con recollas de toda Galicia e posteriormente editouse un cd con cantos de Nadal e Reis gravado polas cuadrillas participantes na mostra.
Este ano quixemos darlle unha volta máis no disfrute da nosa tradición e convocamos, ademais da Mostra de Cantares de Reis que se celebrará o día 3 de xaneiro, o I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis. Puxémonos en contacto con xentes amantes e con opinión na tradición das diversas culturas peninsulares e pedimoslles un traballo a cada un para expoñer en Boimorto o día 10 de xaneiro.
Este encontro pretende ser aberto á participación e á opinión e o seu obxectivo é o de reflexionar, compartir, debater e gozar arredor dos cantares e costumes en Tempo de Reis.
Para isto é para o que convocamos a tódolos interesados nesta actividade a asistir o día 10 de xaneiro a partir das dez da mañá e pasar connosco un día compartindo tradición e ilusión. Serán sete os invitados principais que expoñerán cada un, durante vinte minutos, a poñencia ou comunicado elixido, tendo a continuación outros vinte minutos de debate e dez de descanso.
Por Cataluña Gianni Ginesi
Por Euskadi Josu Larrinaga
Pola Meseta José Antonio Alonso e Joaquín Díaz
Por Portugal Domingos Morais
Por Galicia Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato.
Horarios:
10:00h. Recepción de participantes e convidados e inauguración do Encontro pola alcaldesa de Boimorto Dna. Ana Ledo
10:15h. Primeira poñencia, debate mostra de folclore.
11:05h. segunda poñencia, debate e mostra.
11:55h. terceira poñencia, debate e descanso.
12:45h. cuarta poñencia, debate e parada para xantar.
14:00h. Xantar.
16:00h.quinta poñencia , debate e mostra
16:50h. sexta poñencia, debate e descanso
17:30h. sétima poñencia.
18:00h. Posta en común, debate e conclusións
19:15h. Clausura do encontro e contacto máis distendido para os que queiran quedarse.
Mais info na web: www.concellodeboimorto.es