Isabel Rei No Campo de Fóra

Sexto concerto do ciclo No Campo de Fóra que aCentral Folque leva aos centros socioculturais de Santiago con Isabel Rei, intérprete, mestra e investigadora fará un concerto didáctico sobre a ‘Guitarra Galega’ no CSC de Xulián do Carballal o venres 23 de maio ás 17 h con entrada libre até completar capacidade. Interpretará obras de compositores dos séculos XVIII e XIX fundamentalmente e con explicacións do contexto histórico e as súas músicas.

Sobre o programa

Não é apenas da história da guitarra na Galiza que este concerto trata: ao longo do seu programa, Isabel Rei Samartim vai propondo diferentes perspetivas de abordar tanto o(s) instrumento(s) e seu trajeto em termos organológicos, como também outras his/estórias que lhe estão ligadas: intérpretes, compositoras/es, acervos, escolas, eventos, ou mesmo identidades sociais e locais que se foram associando a esta teia complexa desde o século XII até ao século XX.

Obras anónimas, de Juan Montes, dos Valladares (Aelina e Marcial), de Concepción Platón ou Eugenio santos conforman un repertório de grande virtuosismo e interesse musicológico com adaptações para o instrumento de alvoradas, muinheiras, canções, alalás,…

Sobre a artista

A guitarrista e investigadora Isabel Rei Samartim (nacida en 1973 na Estrada, Galicia) é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2020 coa tese “A guitarra en Galicia”. Unha das plasmacións da súa investigación de sete anos é o CD “Guitarra Galega Vol. 1”, editado en setembro de 2021 e integrado na súa totalidade por un repertorio que recibe aquí a súa gravación en estrea mundial.

Isabel Rei licenciouse no Conservatorio Superior de Música da Coruña coa especialidade de Guitarra co profesor Antonio Rocha, e despois estudou cos guitarristas David Russell e Thomas Müller-Pering na Hochschule für Musik “Franz Listz” de Weimar (Alemaña), entre outras personalidades musicais.

Como guitarrista, Isabel Rei gañou premios en diversos certames de España e Italia. Estreou obras de varios compositores e realizou concertos en varios países europeos e tamén en Brasil. Actualmente promove a música de guitarristas e coleccións de guitarras galegas. En 2014 publicou o disco “A Viola no Século XIX: Música de Salão na Madeira”, patrocinado pola Xunta de Madeira. Traballa no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela dende 2005 e foi profesora do Departamento de Música da Universidade do Minho (Braga, Portugal). En maio de 2021 publicou o seu libro “Guitarra galega. Breve história da viola (violão) na Galiza”.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario