Kepa Junkera pecha a RMS Redondela

KEPA_JUNKERA_GALIZAA Rede de Músicas Soltas de Redondela pecha o programa co concerto a dúo do basco Kepa Junkera e o galego Xabier Díaz, unha dupla xermolada no último disco do de Bilbao: “Galiza”. Farán temas deste traballo e outros da propia colleita da tradición galega así coma outros xa clásicos do repertorio de Kepa Junkera. “Galiza” é un disco en formato libro-CD  con máis de 100 músicos galegos que fixeron un traballo no que Kepa Junkera aporta a súa trikitixa, pandeiretas e txalaparta para completar unha das revelacións da tempada. A Escola Livre da MPG produciu dous temas en formato de suite  arranxado por Pedro Pascual e interpretado polo alunado da escola


 

O álbum Galiza inclui um texto de introdução em que fala dos vínculos musicais e culturais entre a Galiza e o País Basco redigido em galego-português por Ramom Pinheiro, direitor artístico d’aCentral Folque.

Kepa Junkera é um bom conhecedor da Galiza, dos seus espaços físicos e emocionais e dos seus ritmos e melodias após numerosas viagens para dar cursos e concertos. O álbum Galiza é o resultado dessas vivências que, em palavras do músico, “o foram enriquecendo tanto a nível musical como a nível pessoal”.

http://www.kepajunkera.com


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario