Lucas Castellano, mestre de acordeón na EMaCF

Para este curso 2026-2027 ofertamos a aula de acordeón (piano) cun novo mestre na Escola de Música de aCentral Folque -EMaCF- en Santiago de Compostela. Desde Redondela chega Lucas Castellano para impartir aulas individuais deste instrumento tan popular para as músicas europeas e particularmente a galega, miolo do ensino que impartirá os mércores de tarde ou sábados de mañá no CSC da Trisca. Estas aulas son para todos os públicos e intereses. Para facer a preinscrición e coñecer máis detalles, podes seguir a ligazón picando aquí.

Sobre a aula

O obxetivo principal das clases é axudar aos estudantes a que disfruten da música e do instrumento o máximo posible nun ambiente relaxado e respetuoso.

A dinámica de aprendizaxe será ás través de pezas tradicionais galegas sobretodo, balcánicas e do mundo,adaptadas ao nivel e preferencias de cada persoa . Aprendendo estas pezas irase profundizando no manexo do instrumento e coñecemento musical ao tempo que se adquire un repertorio para disfrutar sempre que se queira.

Sobre o mestre

Lucas Castellano comeza tocando o saxofón na banda de música da súa vila, Redondela. Xa cedo pasa polo Conservatorio onde acada grado profesional de saxofón clásico. Posteriormente estuda no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na escola de jazz Ool ya Koo de Granada.

O seu primeiro grupo foi Fanfarria Taquikardia co cal gravará singles e videoclips . Despois descubre o acordeón, instrumento que o fascina e que pasa a ser o seu principal. Funda Breocans e grava o disco Darrúa. Despois vive en Valencia e é o acordeonista principal de Klezmerama, gravando singles e videoclips. Con estes grupos actuará en festivais de sona como o Festival Internacional de títeres de Redondela, 3 culturas en Málaga, Pardiñas, Revenidas, Cans ou o Xabiafolk, entre outros. Actualmente é o acordeonista do dúo Lubela, grupo emerxente de música galega e balcánica.

Como docente ten experiencia dando clases na escola Trepia de Pontevedra, na Escola de Música Municipal de Santiago, impartindo aulas a persoas de diferentes idades e perfís.

Acerca de Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Garda a Ligazón permanente.

Deixa un comentario