Ugia Pedreira, cantora do Cantábrico, é unha das músicas e compositoras máis destacadas do panorama musical actual na Galiza. Desde aCentral Folque non podemos máis que expresar a nosa felicidade pola volta de Ugia aos escenarios cunha proposta tan persoal como A Pedreira. A mistura de estilos, a frescura instrumental, as palabras honestas e directas das súas cancións parten das vivencias máis presentes da artista.O vindeiro 18 de decembro no Teatro Colón da Coruña actuará con este novo proxecto. Os billetes son limitados e retransmitirase por streaming no seguinte link da canle de Youtube da Deputación da Coruña -Cultura-
Nesta entrevista do número 86 da revista Luzes, a quen agradecemos que nos permita a súa difusión, Ugia resposta de maneira “crúa e suave” tal e como ela define a proposta escénica de A Pedreira. Para aCentral Folque é unha satisfacción inmensa poder colaborar con Ugia na presentación deste traballo ao público galego. Deixámosvos coa lectura deste poderoso documento para que o disfrutedes como nós xa fixemos. O texto é de Ramón González e as fotos de Xulio Villarino
Descarrega ou visualiza aquí o artigo na revista Luzes en formato .pdf: