O grupo que marcou un antes e un despois na música galega da última década fará un parón indefinido despois do verán. Así o anunciou a súa cantante, Ugia Pedreira, hai unhas semanas, por motivos persoais e por tempo indefinido. Os concertos deste verán serán moi especiais e así llo queren transmitir aos seus seguidores. O primeiro destes concertos será este venres, día 4 de xullo, no III Encontro de Artesanía Tradicional nos Pendellos de Agolada. A partir das 22h poderase desfrutar da banda ao completo, nun concerto que, ademais da súa música con novidades, ofrece un marco incomparábel para desfrutar en familia.
http://artistas.folque.com/marful/