‘Mini’ No campo de Fóra

Quinto concerto do ciclo No Campo de Fóra que aCentral Folque leva aos centros socioculturais de Santiago cun histórico da canción galega. Xosé Lois Rivas ‘Mini’, músico, militante e fundador de proxecto seminais coma Fuxan os Ventos ou A Quenlla actuará no CSC da Trisca o mércores 21 de maio ás 19 h con entrada libre até completar capacidade.

O programa que presenta será a medio camiño entre o concerto e a mostra didáctica baixo o tema ‘Arredor da música tradicional’ con repertorio sobre os Camiños, os alalás, as xotas, as muiñeiras, as coplas de cego, o ciclo de Nadal,…

Sobre o artista

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación até 1982. En 1984, xunto con Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, forma A Quenlla. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción.

No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro “Mero”, as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego. Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.

Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario