A viabilidade económica das revistas especializadas en músicas do mundo fica de novo orfa coa desaparación (en papel, sigue existindo online) do magazine francés Mondomix. A viabilidade económica semella estar detrás desta decisión. Así, unha das referencias editoriais do mundo da música anunciou recentemente esta retirada dos kioskos tradicionais. A súa actividade continúa na popular e internacional web mondomix.com Queremos tamén desde aquí lembrar a recente desaparición dunha revista editada en Madrid e que foi por moitos anos, unha das poucas edicións ibéricas ao redor das músicas popular: Interfolk pechou as súas portas e computadores esta primavera logo de 15 anos de presencia continuada. Ángel Goyanes, o seu director escribía esta carta de despedidia que podes ler na web da revista.