Narración oral: Donas do Lugar

16:00 h– 17:00 h | Donas do Lugar
María da Pontragha | Campo da festa do Santuario de Belén

A narradora oral María da Pontragha abrirá a programación da tarde cunha sesión de narración e música baseada na tradición oral galega.

E antes de Donas do Lugar terá lugar o acto de entrega do Fechiño de Honra, que nesta edición recoñecerá ás mulleres da familia “Os de Díaz de Belén”, pola súa contribución á memoria e á cultura local.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario