Máis unha das actividades do programa No Campo de Fóra para este 2026 o día mércores 6 de maio ás 18.30 h. no CSC das Fontiñas con María Flatri e Denise Armas con O Pracer do Azul. Cartas no vento. Unha mensaxe de Begoña Caamaño para público familiar. Un espectáculo narrativo e musical con guitarra e voz (María Faltri) e narración e percusións (Denise Armas).
O pracer do azul, cartas no vento. Unha mensaxe de Begoña Caamaño é un espectáculo musical e narrativo para público familiar que conta, dun xeito sinxelo e poético, a historia de Circe e Penélope tal e como a reimaxinou Begoña Caamaño nos seu libro ‘Circe ou o pracer do azul’. A través das cartas que viaxan no vento desde a illa de Eea ata Ítaca, dúas mulleres que comezan como rivais constrúen unha relación de afecto, respecto e crecemento persoal, descubrindo a forza da palabra compartida. Música, palabra e cancións nun encontro participativo.
Dun xeito sinxelo e participativo, cóntase a historia de Circe e Penélope tal e como a reimaxina Begoña Caamaño no seu libro Circe ou o pracer do azul.
A través das cartas que viaxan no vento dende a illa de Eea ata Ítaca, dúas mulleres que se presupoñen como rivais constrúen unha relación de afecto, respecto e crecemento persoal, descubrindo a forza da palabra compartida. Cancións orixinais inspiradas nos textos de Caamaño, interpretadas en directo e cunha participación do público moi activa, crean un ambiente épico e acolledor no que se fala de medos, identidade, liberdade e autoestima, celebrando a comunicación como camiño para habitar o mundo con máis conciencia e liberdade.
María Faltri é a creadora desta peza, cunha traxectoria consolidada como intérprete e divulgadora cultural. O seu traballo caracterízase por crear experiencias artísticas participativas e significativas que conectan cultura, identidade e emoción.
O elenco en escena completase con Denise de Armas, xuntas construen a historia, interpretan a música e movilizan a enerxía para entregarlle o público novo, a mensaxe de Begoña dun xeito que poidan integrar e recordar co paso do tempo.








