Na primavera de 2023 os autores do proxecto Abellón, Xoán-Xil López e Ariel Ninas, foron convidados a facer unha adaptación escénica para o ciclo ‘Cuando el destino nos alcance‘ comisariada por José Luis Espejo para o Museo Reina Sofía e para a que contaron coa presenza da performer Paula Ballesteros nunha noite na que partillaron palco con Jana Winderen.
Publícase agora na web do Museo o resultado desta acción, unha peza audiovisual que podes ver aquí.
A publicación da colección Seiva Abellón. O libro negro das zoadeiras foi o tema dunha acción artística dentro do programa <<Cuando el destino nos alcance. Acciones desesperadas ante la sexta extinción>> organizada desde o español Museo Reina Sofía en Madrid no marco de ZIT 6. Planeta A: mundo verde. O formato foi unha conferencia performativa a cargo de Xoán-Xil López, Ariel Ninas e Paula Ballesteros con vídeo, relatos, electrónica, paisaxes sonoras, zanfona, zoadeiras e memoria.
En galego con subtítulos en castelán.