Máis un ano presentamos a oferta docente regular de aCentral Folque en Santiago de Compostela coa súa escola logo de 25 anos aprendendo arredor da música galega contemporánea de raíz patrimonial. A Escola de Música de aCentral Folque -EMaCF- é un centro de ensino dinámico no que prima a calidade da relación entre mestre e alunado. A súa metodoloxía baseáse na transmisión do legado da música popular galega e no acompañamento d@ alumn@ na búsqueda da súa propia voz dentro da escena contemporánea. Para isto, a escola é coñecida por contar cun equipo de profesores excepcional formado por algunhas das figuras máis relevantes da escena musical galega.
aCentral Folque estáblecese hai vintecinco anos coa misión de estudar, divulgar e promocionar a música popular galega desde un enfoque aberto e contemporáneo. Cunha orientación e plan de estudos que aposta pola profesionalización do alumnado, aCentral Folque traballa para ser un espazo creador de novas voces na música popular galega.
A escola conta con dúas liñas de traballo docente: as Aulas individuais e Colectivas para o ensino regulare e continuado ao longo do curso e Cursos Monográficos especializados espallados no ano académico.
As aulas da Escola de Música d’aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado.
- O reparto de horarios será acordado polo mestre co alumnado unha vez estean as preinscricións feitas e serán comunicadas ao alumnado.
- As aulas do curso 2024/25 comezarán a partir do xoves 10 de outubro e rematarán o sábado 21 de xuño. Serán 32 sesións en total ao longo do ano.
- As información de matrícula para cada tipo de aulas podes consultalas aquí. Tes que facer chegarnos o formulario de preinscrición.
Aulas individuais:
- SANFONA
Mestre: Óscar Fernández
Lugar: CSC do Romaño
Días: venres todo o día (aulas cada 15 días + ensino a distancia)
- VIOLINO
Mestre: Carlos Quintá
Lugar: CSC A Trisca
Días: mércores pola tarde
- PERCUSIÓN PRESENCIAL
Mestre: Carlos Freire
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados pola mañá
- PERCUSIÓN a distancia
Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns (ou a convir axenda co mestre)
- FRAUTAS E REQUINTA
Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns a xoves (día a convir entre alunado e mestre)
- GAITA
Mestre: Roberto Sala
Lugar: ensino a distancia
Días: luns (ou a convir axenda co mestre)
Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí
Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí
Para saber prezos e matrícula, pica aquí
Aulas colectivas:
As aulas de aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento e estas aulas están pensadas para afondar nalgún aspecto específico da interpretación, repertorio e xeitos propios de abordar a habelencia en diferentes eidos da práctica musical. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado en cada unha das áreas e dos estilos que mostan.
- As aulas do curso 2024/25 comezarán a partir do xoves 11 de outubro e rematarán o sábado 21 de xuño. Son 32 sesións en total ao longo do curso académico.
- BAILE
Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves tarde de 17.00 a 18.20 (iniciación) // 18.30 a 20.00 (avanzado)
- CANTO E PANDEIRETA
Mestre: Serxio Cobos
Lugar: CSC Romaño
Horarios: Xoves de 20.00 a 21.00
- ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAIS
Mestre: Sergio de la Ossa
Lugar: Auditorio de Galicia
Horarios: venres de mañá (Calendario a definir a partir de novembro)
Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí
Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí
Se queres saber os prezos e como matricularte, pica aquí