O Fechiño 2026

5º Festival Rupestre e de Proximidade

Os días 2, 4 e 11 de xullo, O Fechiño regresa cunha programación que combina roteiros patrimoniais, creación sonora, poesía, música, oralidade, baile tradicional e participación comunitaria en distintos espazos de Compostela, San Xoán de Fecha e Santa Cristina de Fecha.

A quinta edición do festival propón unha viaxe por algúns dos lugares máis singulares do rural compostelán: a Pedra que Fala e os seus petróglifos, os camiños que conectan as dúas beiras do Tambre, os espazos históricos de Santa Cristina de Fecha e o Santuario de Belén.

Ao longo de tres xornadas, artistas, investigadores, músicos e colectivos culturais desenvolverán actividades creadas especificamente para dialogar co territorio, a paisaxe e a memoria local. Participarán, entre outras persoas, Alba Cid, Xoán Xil López, Manuel Gago, María da Pontragha, Xisco Feijóo, Branca Villares, Mano Panforreteiro, o Clube Espeleolóxico Maúxo e o Colectivo A Rula.

O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.

Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.

As actividades son de balde. Para os roteiros cómpre facer unha inscrición previa nesta ligazón para a reserva de praza.

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario