Esta cuarta edición d´O Fechiño é unha caixa de sorpresas. O festitival rupestre e de proximidade máis gozoso da parroquia compostelá de Fecha incia esta fin de semana do 20 e 21 de xullo o seu segundo asalto despois dunha fin semana pasada carregada de actividade e alegría en comunidade.
O sábado 20 de xullo ás 19:00 h no Palleiro Neto de Vilas na aldea de Vilas terá lugar o “Serán diverso” conducido por Xavi Castaña, Camila Pérez e Irene Romero. Trae os teus instrumentos e as túas diferenzas para gozar da música , o baile e a diversidade como sistema imunitario contra a intolerancia.
Por primeira vez O Fechiño achégase dun xeito directo ao público máis novo coa proposta músical “As Tareixas” que veñen de gañar o Certame de música infantil “Quero Cantar” co seu tema “A cadeira da avoa”. Ainda que este grupo é ideal para o público máis novo pensamos que vai a tocar o corazón do público de máis idade que ainda manteñen viva a súa nena interior. A actuación tera lugar o día 21 de xullo ás 11.30 h no CSC de Lamascal.
O FECHIÑO é unha produción de aCentral Folque que conta coa colaboración da Asoc. Ambientalista A pedra que fala, o Clube Espeleolóxico Maúxo, o Colectivo Cultural A Rula, a Asoc. Veciños S. Xoán de Fecha, a Asoc. Veciños. Sta. Cristina de Fecha, a Asoc. De veciños de Campolongo e o apoio da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela.