Presentamos o novo libro de aCentral Folque “LAUDATIO FUNEBRIS. Da morte, o pranto e o alén no Reino de Galiza” de Andrés Díaz e Eva Moreda.
Que significaba morrer na Idade Media? Os prantos galego-portugueses amósannos un conxunto de prácticas culturais nas que a morte non era só un feito biolóxico, era tamén un acto social, político e artístico.
Estes poemas musicados, creados no ámbito cortesán e relixioso para conmemorar a morte dunha persoa, con ecos na tradición popular, transmiten unha pluralidade de voces e revelan como se construían formas colectivas de memoria, identidade e poder. Neles recoñecemos non só a dor e o consolo, senón tamén a súa sofisticación estética, encargos dinásticos para afirmar liñaxes, exercicios de memoria colectiva ou formas de devoción.
Redescubrilos hoxe é unha oportunidade para volver a un tempo no que a morte se representaba, cantaba e ritualizaba para dotala de sentido, deixando un legado literario, lingüístico e emocional que segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea.
- Ref: SV05
- ISBN: 979-13-990115-5-5
- Páxinas: 127
- Colección SEIVA
- Ano: 2025
- PVP: 20€
Este proxecto está enmarcado nos Fondos Reino de Galicia da Deputación da Coruña












