Ornithology: Cadaval+Castaño

Vimos de presentar un novo espectáculo entre a música e a narración oral con Quico Cadaval e Pablo Castaño. Foi debullado para o Jazz da Rúa Nova no 2021 e agora terá a súa versión escénica en catro datas en diferentes vilas galegas:

Pica nas ligazóns para ver máis detalles

Quico Cadaval dá forma a un espectáculo a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario partindo de “Ornithology”, un dos mais populares temas de jazz. Pablo Castaño completa as progresións de Cadaval co seu saxo, reinterpretando clásicos do bebop. Unha experiencia na que se suceden a improvisación con aderezos humorísticos, poéticos, irónicos e virtuosísticos, espertando sorpresa e alegría no público. Esta actividade conxuga animación, aprendizaxe, descubrimento e socialización a través dos cales se pode transmitir a lingua con apego e eficacia á vez que reivindica o papel da narración oral e a música como elementos normalizadores ofrecéndolle á mocidade lecer e sociabilización en galego.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario