Paseos musicais nCdF: inscricións

O ciclo  No campo de Fóra inclúe os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares nos que se desenvolveron. Para o ano 2024 teremos dous, un conducido por Richard Rivera: ‘Músicas de Compostela‘ o 21 de maio e por Andrés Díaz: ‘O patrimonio musical dunha cidade educativa’ o 29 de maio. A hora de partida é ás 19 horas e será notificado por correo electrónico o lugar de encontro. O percorrido será diferente cada día; a duración aproximada é duns 90′; a distancia e o nivel de dificultade da camiñada é fácil. Para todos os públicos.

Richard Rivera, guía turístico e músico que conducirá o primeiro dos ‘Paseos Musicais’ cunha visión xeral sobre as músicas que se practicaron e desenvolveron en Santiago desde a súa fundación na Idade Media pasando polo seu esplendor como centro cultural universal até os días de hoxe.

Andrés Díaz, músico e investigador que conducirá o segundo dos ‘Paseos Musicais’ cunha visión particular da música na cidade. ‘O patrimonio musical dunha cidade educativa’ é o título deste roteiro que se centrará no tempo a partir de finais da Idade Media e Renacemento, a Universidade, a capela da catedral,….

Para rexistrase, é preciso encher este formulario. As praza son limitadas e admitiranse só unha inscrición por persoa.

Formulario de inscrición para os Paseos Musicais No Campo de Fóra 2024

← Back

A túa mensaxe enviouse

Choose your option(s)


Recibirás un correo (non inmediato, non automático) coa confirmación ou lista de agarda.

Esta actividades están feitas en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario