Paseos musicais No Campo de Fóra’25

O ciclo  No campo de Fóra 2025 inclúe os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares nos que se desenvolveron. Unha oportunidade única para coñecer recantos, historias e anécdotas relacionadas coa cidade musical compostelana. Para o ano 2025 teremos dous ben diferenciados, un conducido por Paulina María, guía e espcialista en música medieval coa sesión ‘Un paseo polo Santiago Antigo’ o martes 27 de maio a partir das 17.30 h e outro con Alfonso Espiño ‘Compopstela’ o martes 10 de xuño ás 18 horas. As persoas inscritas recibirán un correo do lugar de encontro e partida. O percorrido será diferente cada día; a duración aproximada é duns 90′; a distancia e o nivel de dificultade da camiñada é fácil. Para todos os públicos.

Un paseo polo Santiago Antigo

Detrás do barullo, turistificación e indiferencia de moitos, está a nosa cidade milenaria, as crenzas antiquísimas e universais, e as músicas e poesías que son o corazón do noso patrimonio. Se prestamos atención, van falarnos delas as mesmas pedras de Compostela.

Paulina María, estudou Historia de Arte, Musicoloxía e Interpretación da Música Medieval en Polonia e Francia. É especialista en música antiga e amante da arte románica, centrando as súas investigacións en lírica medieval galega

Roteiro ComPOPstela

No transcurso deste paseo asistiremos á orixe da música popular urbana en Santiago de Compostela, coñecendo os lugares que auspiciaron o nacemento do beat, o pop e o rock na cidade dende mediados do século XX. Visitaremos ós espazos nos que se levaban a cabo as actuacións musicais modernas, coma os salóns de actos e hostaleiros, teatros ou cines, ademais de descubrirmos onde se atopaban os locais de ensaio dos conxuntos xuvenís, as tendas de instrumentos, as boutiques de moda, as discotecas ou os pubs máis senlleiros do momento.

Alfonso Espiño Louro (Santiago de Compostela, 1976) é un músico galego con máis de trinta anos de traxectoria no mundo do pop/rock, sendo fundador de grupos de culto coma Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales ou Contrastes. Galardoado con diversos premios e distincións, cantou as súas cancións en varios países europeos. Espiño é licenciado en Filoloxía Inglesa e doutor en Historia da Arte (área de Música), ademais de ter un mestrado en Xestión Cultural e outro en Xornalismo e Comunicación Multimedia. É autor do libro ComPOPstela: Música Moderna en Santiago (1954-1978), e adoita colaborar con medios de comunicación falando de música.


Formulario de inscricións

← Back

A túa mensaxe foi enviada!

Grazas! recibirás un correo electrónico no enderezo que facilitaches. Non será automático, nin inmediato. Aí terás a confirmación da túa reserva.
Paseos Musicais aos que desexo asistir

Recibirás un email de confirmación (non inmediato, non automático)
*enviando isto estás a deixarnos incluirte na nosa lista de correo que podes cancelar en calquera momento. Prometemos enviar só cousas de valor para ti relacionadas con esta actividade pola que amosas interese e que non seremos insistentes. xente real está detrás deste proxecto; non somos spam.


Actividade organizada por aCentral Folque co apoio das concellarías de Capital Cultural e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. Conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña.

Esta actividades están feitas en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

One Comment

  1. Pingback: No Campo de Fóra 2025 – Folque

Deixa un comentario