Paseos Musicais No Campo de Fóra’26

O ciclo No campo de Fóra 2026 inclúe os ‘Paseos musicais’, roteiros especializados sobre o patrimonio musical da cidade para entender os contextos e lugares nos que o feito musical acontece en Santiago de Compostela. Unha oportunidade única para coñecer recantos, historias e anécdotas relacionadas coa cidade musical compostelana. Para o ano 2026 teremos dous ben diferenciados, o mércores 3 de xuño ‘Compopstela’ conducido por Alfonso Espiño e outro o mércores 10 de xuño con Isabel Rei, docente, investigadora e intérprete musical coa sesión ‘Santiago em imagens musicais’. A inscrición realizarase por orde de chegada do formulario que está ao final desta entrada. As persoas inscritas recibirán un correo do lugar de encontro e partida. O percorrido será diferente cada día; a duración aproximada é duns 90′; a distancia e o nivel de dificultade da camiñada é fácil. Para todos os públicos. Son actividades de balde* con prazas limitadas que comezan ás 18 horas cada un dos días.

Santiago en imagens musicais

Um passeio por novecentos anos de música em Compostela. Descoberta dos instrumentos musicais e informações sobre música e intérpretes espalhadas pela cidade desde o século XII até à atualidade.

Terá início em S. Martinho Pinário, passando pela capela de S. Miguel dos Agros e o Museu das Peregrinações, para ir visitar a igreja de S. Domingos de Bonaval e, a seguir, a atual Faculdade de História da USC, para depois enfiar por Santa Maria Salomé, chegar à Praça do Pão e rodear a Catedral, com paragem no Obradoiro e saída para o final do roteiro, na Alameda.

*Este roteiro é susceptíbel de ter un custo pequeno para a entrada en algún dos espazos programados.

Isabel Rei Samartim, docente, guitarrista e investigadora é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2020 coa tese “A guitarra en Galicia”. Unha das plasmacións da súa investigación de sete anos é o CD “Guitarra Galega Vol. 1”, editado en setembro de 2021 e integrado na súa totalidade por un repertorio que recibe aquí a súa gravación en estrea mundial.

Roteiro ComPOPstela

No transcurso deste paseo asistiremos á orixe da música popular urbana en Santiago de Compostela, coñecendo os lugares que auspiciaron o nacemento do beat, o pop e o rock na cidade dende mediados do século XX. Visitaremos ós espazos nos que se levaban a cabo as actuacións musicais modernas, coma os salóns de actos e hostaleiros, teatros ou cines, ademais de descubrirmos onde se atopaban os locais de ensaio dos conxuntos xuvenís, as tendas de instrumentos, as boutiques de moda, as discotecas ou os pubs máis senlleiros do momento.

Alfonso Espiño Louro (Santiago de Compostela, 1976) é un músico galego con máis de trinta anos de traxectoria no mundo do pop/rock, sendo fundador de grupos de culto coma Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales ou Contrastes. Galardoado con diversos premios e distincións, cantou as súas cancións en varios países europeos. Espiño é licenciado en Filoloxía Inglesa e doutor en Historia da Arte (área de Música), ademais de ter un mestrado en Xestión Cultural e outro en Xornalismo e Comunicación Multimedia. É autor do libro ComPOPstela: Música Moderna en Santiago (1954-1978), e adoita colaborar con medios de comunicación falando de música.


Formulario de inscricións

← Back

A túa mensaxe foi enviada!

Grazas! recibirás un correo electrónico no enderezo que facilitaches. Non será automático, nin inmediato. Aí terás a confirmación da túa reserva.
Paseos Musicais aos que desexo asistir

Recibirás un email de confirmación (non inmediato, non automático)
*O roteiro de Isabel Rei é susceptíbel de ter un custo pequeno para a entrada en algún dos espazos programados.
**enviando isto estás a deixarnos incluirte na nosa lista de correo que podes cancelar en calquera momento. Prometemos enviar só cousas de valor para ti relacionadas con esta actividade pola que amosas interese e que non seremos insistentes. xente real está detrás deste proxecto; non somos spam.


Actividade organizada por aCentral Folque co apoio das concellarías de Capital Cultural e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. Conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña.

Esta actividades están feitas en colaboración coa Concellaría de Capital Cultural e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario