Presentación da Chave Mestra en Pontevedra

A libraría Paz de Pontevedra (R/Peregrina, 29) acolle este xoves 8 de febreiro ás 20 horas a presentación da colección de libros da Chave Mestra e as novidades que aCentral Folque acaba de lanzar nos últimos meses. O acto contará coa presencia do editor Ramom Almuinha e autores dalgúns dos títulos:  Alba María (“Regueifa en Bergantiños”), Sergio Cobos (“Gaiteiro de Poso”) e Xesús Blanco (“Maruxa Boga”).

A CHAVE MESTRA é unha colección promovida por aCentral Folque, centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer, e que axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violinistas, narradores, acordeonistas… No 2017, unha nova fornada de títulos súmanse a esta colección. Pandereteiras, folcloristas foráneos, músicas na emigración, regueifa,…

Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional. Libros de alta calidade a cor con tapa dura,  fotos inéditas, contexto e  ensaio histórico e musical, transcrición e análise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.

Se queres mercar algún libro, podes pedilo na túa libraría habitual e apoiar ao comercio local e de proximidade. Podes tamén mercar por internet na loxa dixital de Inquedanzas Sonoras

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario