Natural de Cariño e cidadán do mundo, especialmente o lusófono, afincouse hai moitos anos no Morrazo desde onde este mestre ten fundado grupos e proxectos con compromiso, militancia e axitación cultural.
Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal “A Nosa Terra”. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. “Na harmónica” abre Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.
O traballo foi presentado o pasado xoves 19 de decembro de 2019 ás 19.30 h no Salón de Plenos do concello de Cangas, lugar de acollido deste singular músico.
Detalles do libro/CD:
- Libro-CD
- Colección: ZECA
- Ref: Z 01
- Páxinas: 90
- Fotografías e ilustracións orixinais: 30
- Idiomas: Portugués e galego
- ISBN 978-84-949511-6-9
Se che interesa o libro, podes mercalo na túa libraría máis próxima -se non o teñen, poden depila á distribuidora. tamén podes pedilo na tenda online de Inquedanzas Sonoras aqui. (PVP: 20 €)