Presentacións de novidades na Coruña

Na vindeira semana na Coruña preséntanse os dous últimos títulos da colección Seiva, o día 19 preséntase Laudatio Funebris unha oportunidade para volver a un tempo no que a morte se representaba, cantaba e ritualizaba para dotala de sentido, deixando un legado literario, lingüístico e emocional que segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea; e o día 20 preséntase arte menor que recolle a aventura de sete mulleres d’O Lugar que deciden asistir a aulas de pandeireta e canto tradicionais. Un poemario que reivindica o traballo comunitario e a memoria colectiva.

Data: Mércores, 19 de novembro – 20:00h
Portas Ártabras · Rúa Sinagoga, 22 – baixo
A Coruña

aCentral Folque -coa colaboración de Portas Ártabras – Amigos dos Museos de Galicia, presenta na Coruña o libro Laudatio Funebris. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, de Andrés Díaz e Eva Moreda, unha obra que afonda nas representacións culturais, musicais e literarias da morte na Galiza medieval.
O acto contará coa presenza dos dous autores, Andrés Díaz e Eva Moreda, que dialogarán sobre o proceso de investigación e sobre o lugar que ocupa a memoria funeraria na cultura galega.

LAUDATIO FUNEBRIS: Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino da Galiza é un proxecto enmarcado nos Fondos Reino de Galicia da Deputación da Coruña.

Data: Xoves, 20 de novembro – 20:00h
A Cova Céltica · Rúa d’Orzán, 82
A Coruña

E o xoves 20 ás 20:00 n’A Cova Céltica presentamos arte menor o acto contará coa presenza de Susana Sanches Arins, acompañada pola poeta Estíbaliz Espinosa e pola mestra pandeireteira Olga Kirk, dúas destacadas voces da cultura coruñesa.

A presentación desenvolverase como un encontro entre palabra e música: un diálogo entre a poesía escrita para ser lida e a poesía popular pensada para ser cantada e escoitada. Unha conversa que convida a reflexionar sobre a continuidade das voces femininas que constrúen o noso patrimonio inmaterial.

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario