Reserva na Escola Folque 25/26

Máis un ano, e xa van 25, un cuarto de século! abrimos as portas ás aulas da Escola de Música de aCentral Folque para o curso académico. Podes facer a preinscrición neste formulario online que atoparás na nosa páxina de matrícula, a partir do 1 de setembro trataremos toda a información e enviaremos as instruccións para asignar os horarios, aulas e formalización de matrículas.

A EMaCF -Escola de Música de aCentral Folque- é un centro de ensino dinámico no que prima a calidade da relación entre mestre e alunado. A súa metodoloxía baseáse na transmisión do legado da música popular galega e no acompañamento d@ alumn@ na búsqueda da súa propia voz dentro da escena contemporánea.

Este centro, daquela chamado Conservatorio de Música Tradicional e Folque con sede no concello de Lalín, estáblecese hai vintecinceo anos coa misión de estudar, divulgar e promocionar a música popular galega desde un enfoque aberto e contemporáneo. aCentral Folque traballa para ser un espazo creador de novas voces na música popular galega.

A escola conta con dúas liñas de traballo docente: as Aulas individuais e Colectivas.

+ Aulas individuais

Aulas individuais especializadas en diferentes instrumentos e técnicas. Abertas para todo tipo de persoas interesadas na música popular galega con independencia dos seus coñecementos musicais. Sanfona, Violino, Frautas, Percusión e Gaita. A duración das aulas é de 45′ semanais.

Para coñecer máis sobre as Aulas individuais pica aquí.

+ Aulas colectivas

Aulas en grupo en diferentes disciplinas sobre a música popular contemporánea na Galiza. Baile, Canto e Pandeireta, Análise Musical de Cancións Tradicionais. A duración das aulas é de 1h30′ semanais.

Para coñecer máis sobre as Aulas colectivas pica aquí.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario