Hoxe presentamos aos medios na sala de prensa do Concello de Santiago coa presenza de Míriam Louzao, Ramon Pinheiro director de aCentral Folque e Marisa Gil da Asociación A Pedra que Fala a programación da quinta edición do Fechiño organizado por aCentral Folque en colaboración oa Concellería de Capital Cultural de Pazo de Raxoi e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha como a Asociación A Pedra que Fala e a Asociación Cultural Pedra Faladora.
Ao longo de tres xornadas, artistas, investigadores, músicos e colectivos culturais desenvolverán actividades creadas especificamente para dialogar co territorio, a paisaxe e a memoria local. Participarán, entre outras persoas, Alba Cid, Xoán Xil López, Manuel Gago, María da Pontragha, Xisco Feijóo, Branca Villares, Mano Panforreteiro, o Clube Espeleolóxico Maúxo e o Colectivo A Rula.
O Fechiño é unha iniciativa de aCentral Folque desenvolvida en colaboración coa Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, a Asociación A Pedra que Fala e o tecido veciñal e asociativo das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Fecha.
Un festival de proximidade para descubrir o patrimonio desde a creación contemporánea e compartir cultura no territorio.








