Roteiro: Laudatio Funebris

Desde aCentral Folque organizamos o roteiro LAUDATIO FUNEBRIS. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, conducido e narrado por Quico Cadaval polas rúas da cidade vella de Compostela, e queremos convidarvos a participar.

  • Data: 1 de novembro de 2025
  • Hora: 10:00 – 12:00
  • Prezo: De balde
  • Prazas limitadas (para a visita ao Panteón Real)

O percorrido comezará na Praza da Quintana ás 10 horas cunha visita ao Panteón Real da Catedral de Santiago. Ás 10:40h continuará pola cidade vella ata rematar na Igrexa de San Domingos de Bonaval, onde se visitará o Panteón de Galegos Ilustres.

A visita ao Panteón Real está limitada ás 20 primeiras persoas inscritas. O resto das persoas poderán incorporarse ás 10.40 h diante da Porta Santa na Praza da Quintana, desde onde continuará o roteiro até Bonaval.

Se hai orballo ou chuvia miúda, manteremos a actividade con paraugas, botas e chuvasqueiros. Recomendamos levar roupa e calzado cómodos.
Para a inscrición da visita ao Panteón Real, enche este formulario:

Formulario de rexistro

← Back

Grazas! A túa mensaxe enviouse. Responderemos en breve

  • recibirás un correo (non inmediato, non automático) coa confirmación da praza.
  • enviando isto, estás conforme a que incluamos o teu enderezo electrónico nunha lista de correo relativa a temas relacionados coa actividade. Prometemos enviar só cousas interesantes e poucas, se algunha, ao longo do ano. Detrás deste proxecto hai persoas reais, non recibirás spam noso.

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario