2 de xullo de 2026. 18:00 h.
Roteiro Poético Aural: Que música serías se non foses pedra conducido por Alba Cid e Xoán Xil López
A poeta Alba Cid e o artista sonoro Xoán Xil López abrirán esta edición do Fechiño cunha proposta creada expresamente para o festival.
O roteiro partirá ás 18:00 h desde o Xardín das Pedras que Falan e desenvolverase a través de distintas localizacións da zona histórica e da contorna do río Sarela. A palabra poética dialogará cos espazos de singularidade acústica, propondo unha escoita atenta que permitirá redescubrir Compostela desde unha dimensión sonora e emocional pouco habitual.








