Máis un ano ofrecemos aulas colectivas de baile sobre o repertorio musical galego de soltos e agarrados con algunha achega a outros ritmos europeos e americanos. Están pensadas para todas as persoas e niveis e impártense os xoves pola tarde no Centro Sociocultural do Romaño en dous grupos. O mestre, Serxio Cobos é unha figura única no panorama da didáctica das danzas galegas nos últimos anos. Son aulas con prazas limitadas.
Sobre a aula
Estas aulas de danza tradicional fundamentadas nos bailes soltos galegos (xotas e muiñeiras) con tempo para algún baile agarrado (mazurca, valse ou rumba) e outros ritmos europeos (schottische, gavotte, valsa mandada,…). Aulas eminentemente prácticas con introducción á linguaxe pictográfica de aprendizaxe de pasos (bailegramas)
Horarios: xoves de 17 a 18 horas (grupo I) // de 18 a 19 horas (grupo II)
Lugar: CSC Romaño (Travesa de Vista Alegre, 46. Compostela)
Prazas: límite por grupo 10 persoas
O prezo total do curso é de 260 €. Son 32 aulas ao longo do curso comezando o vindeiro 9 de outubro até o 18 de xuño de 2026.
Para inscribíreste, tes que encher o formulario online nesta ligazón: matrícula
Sobre o mestre
Sergio Cobos é un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 20 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar). Desde hai anos está a desenvolver un método de representación pictográfica do baile galego que creado foi recollido no libro publicado por aCentral Folque no 2018 Bailegramas. É creador da música de espectáculos que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño.









