aCentral Folque organiza por décima vez, o Encontro Internacional, Zona da Zanfona máis importante do país no que os mellores tocadores de Europa achéganse a compartir os seus coñecementos e amosar hablidades e dimensións musicais á nova xeración de zanfonistas galegos, auténtica revolución sobre un instrumento patrimonial que non se pode entender sen a aportación deste festival. Para celebrar o 10º aniversario, aCentral Folque organiza “1 zanfona de 10” lotaría de unha zanfona do luthier Jaime Rebollo que se sorteará o 5 abril durante o Baile Assalto ZdZ. O premio tamén se poderá trocar por 1000€. Máis detalles a seguir:
BASES unha zanfona de dez!
a beneficio do X ENCONTRO ZONA DA ZANFONA DE RIANXO 2014 ORGANIZA: aCENTRAL FOLQUE. CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR
- PREMIO DUNHA ZANFONA por Rebollo Instruments OU troca en metálico por valor de 1000 EUROS
- só 300 números en xogo
- colaboración: 10 €
- DÍA DO SORTEO: Sábado 5 de abril 2014 durante o Baile Assalto ZDZ LUGAR: C.C.Simón varela, Asados, Rianxo.
- O número gañador publicarase na web WWW.FOLQUE.COM
- CADUCA AOS 30 DÍAS DESPOIS DO SORTEO
- Podes pedir un boleto online escribindo un mail a info@folque.com
A zanfona sorteada é un modelo do luthier Jaime Rebollo (2 cordas cantantes, 1 trompeta, 2 bordóns, bolsa)