Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña

“Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña”

Autor:

  • Moncho do Orzán

Tapa dura
118 páxinas
CD 26 trillas

A protagonista é a gaita e os toques antigos e urbanos da Coruña personificados na figura do lendario Farruco de Montrove. O libro tamén recolle nomes de outros grandes mestres coma Francisco Paradela, Enrique Ambite, José e Alejandro Temprano, Emilio Corral entre outros. Este libro está acompañado de gravacións inéditas de diferentes arquivos (Alan Lomax, Cántigas da Terra, Pepe Temprano). Inclúe partituras transcritas das melodías recollidas no CD.

O seu autor, Moncho do Orzán, conduce un ameno relato pola música popular coruñesa ao longo do século XX. Que importancia e trascendencia tivo a gaita na Coruña cotemporánea? Cales foron os máis importantes gaiteiros tradicionais da comarca, e que influencia exerceron sobre os gaiteiros “urbanos” da cidade do faro? O lendario tío Farruco de Montrove, activo entre fins do s.XIX e comezos do s.XX, ilustra o inicio dun dos episodios máis relevantes da música na cidade da Coruña, a do mundo da gaita. El representa o eslabón entre a tradición máis puramente rural e o recoñecemento do gaiteiro por parte da masa social urbana.

O seu facer, o seu xenuino repertorio, a sua impronta nas festas coruñesas deixou ampla estela de artistas continuadores no que encontramos desde nomes historicos como Farruco Paradela, Emilio Corral, “Cántigas da Terra”, “Os Tempranos” de Eirís, até os mais recentes “Brisas da Cruña”, “Xacarandaina”ou Xosé Casal. Agrupacións e persoas que fixeron da gaita un xeito de ver a vida e que forman parte inseparable da historia contemporánea e artística da cidade herculina.

Mercar

Comments are closed