Autora: Beatriz Busto Miramontes
Transcricións e estudo musical con Sergio de la Ossa
- Libro-CD
- Colección CHAVE MESTRA Ref: CM20
- Páxinas: 228
- Idiomas: galego
- Inclúe partituras
- ISBN 978-84-122867-2-4
- PVP: 20€
Consciente da importancia de dar visibilidade e nomes propios ao noso patrimonio oral feminino, este é un estudo no que a etnomusicóloga e doutora en Antropoloxía Beatriz Busto profunda na vida das primeiras cinco mulleres que, sendo labregas, tiveron presenza visíbel na escena musical folclórica de xeito habitual. Unha historia do que supuxo para o futuro musical do país así como tamén para as súas propias vidas desde que, no ano 1972 e por primeira vez, se subiron ao palco do Teatro Colón da Coruña.
O traballo é unha excelente achega a unha parte indispensábel do patrimonio oral de Bergantiños e ao traballo artístico dunhas mulleres que cruzaron fronteiras e loitaron contra estereotipos. O libro contén fotografías a toda cor, unha excelsa compilación de músicas de diversos arquivos e transcrición de letras e músicas en partitura e do estudo musical, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa, mestre da Escola de Música d’aCentral Folque.
COMPRA online: