Abellón

Abellón. O libro Negro das zoadeiras

Autores: Xoán-Xil López e Mauro Sanín

Este libro é un ensaio de divulgación sobre o mito das abellas dentro das prácticas populares galegas asociadas coa morte e a súa relación con instrumentos universais como as zoadeiras ou bramadeiras. Achega ideas e referencias arredor do mundo apícola, os rituais de tránsito ou o son como fenómeno acústico e social en moitas culturas e momentos históricos.

A partir dunha cita de Alfredo Brañas sobre “a danza do abellón” nun velorio galego a finais do século XIX, o texto prende na curiosidade da persoa lectora para convidala a unha reflexión aberta, aparentemente non conectada, do mundo biolóxico -abellas e insectos-co artístico -acústica e paisaxe sonora-e co social -o ritual da morte.

A segunda parte do libro é unha guía ilustrada de construción de zoadeiras para todos os públicos con modelos tradicionais e contemporáneos. Se tes interese pola arte sonora, a antropoloxía, a etnomusicoloxía, a artesanía DIY, a pedagoxía, os brinquedos sonoros ou os libros antigos, esta é a túa publicación.


 

Comments are closed