Zeca é unha nova liña editorial de aCentral Folque con libros en formato de luxo con CD de novos creadores.
A colección ZECA é a nosa última liña editorial, que estamos a divulgar co apoio do Concello de Santiago de Compostela a través das “Axudas para a reactivación económica do comercio local”. Con ela mergullamos no traballo autoral de diferentes creadores galegos, que constrúen propostas contemporáneas incorporando recursos do patrimonio musical e das formas consagradas de transmisión oral. Cada traballo consta dun disco de nova creación e dun libro que se acompañan, mais que contan con entidade propia.
ZECA é un espazo para a creación e o encontro, desde o que construír pontes entre ritmos e sons diversos e abrir novos camiños para o patrimonio musical galego. Pero tamén é un espazo para a intervención, un lugar de liberdade para tecer discursos e narrativas e para promover expresións críticas e cívicas. A marca do músico portugués Zeca Afonso é unha referencia inequívoca do sentido da colección.
ZECA caracterízase por apostar por produtos de grande calidade, tanto desde o punto de vista artístico como na súa factura (tapa dura, impresión a cor…). As propostas musicais recollidas nos CDs cobran outro valor coa creación literaria e artística presente nos libros: relatos, ilustracións, fotografías de autor e de arquivo, entrevistas…
Se queres mercar algún libro, podes pedilo na túa libraría habitual e apoiar o comercio local e de proximidade. Podes tamén mercar por internet na loxa dixital de Inquedanzas Sonoras ou na de Voando Libre
Títulos Publicados:
Na harmónica
Xico de Carinho
Mercar
PVP: 20 €
Fuliada na Vila
Richi Casás
Mercar
PVP: 20 €