Xico de Carinho

“Na harmónica”

Libro-CD

Colección: ZECA.

Ref: Z 01

Páxinas: 90

Fotografías e ilustracións orixinais: 30

Idiomas: Portugués e galego

ISBN 978-84-949511-6-9

PVP: 20€

 

Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal A Nosa Terra. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. Na harmónica abre Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.

Mercar

___________________________________________

Comments are closed