TradFest Compostela 2025

O vindeiro domingo 27 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, acontecerá máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con 12 concertos, feira de artesanía, ruadas no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e nas prazas de Mazarelos e da Quintana; un evento producido por aCentral Folque e Nordesía promovido polo concello de Santiago de Compostela e promocionado desde La Voz de Galicia co apoio da Xunta de Galicia.

Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval e na praza de Mazarelos finalizando a xornada na Praza da Quintana. Para este ano o elenco contempla artistas coma Baiuca, Tres Pesos na Quintana pola noite. Pola mañá nese palco estará a Banda Municipal de Música de Santiago co convidado especial Pedro Lamas. O programa complétase coas músicas antigas do arco atlántico en clave con Chruinne na igrexa de Bonaval. Na esplanada entre os museos de Bonaval actuarán pola tarde os grupos galegos Xiro, Faltriqueira e Irmaus da Raia Seca. Na praza de Mazarelos teremos a feira de Artesanía e Música toda a xornada e ao medio día unha Foliada Asalto con Pesdelán que completará o cuarteto Mediarea. A participación internacional será a cargo das occitanas Cocanha nese lugar. As ruadas deste ano será a cargo dos grupos Os Enxebres de San Lázaro e Os Viqueiras desde Ordes.

Haberá un acto inaugural no Museo do Pobo Galego: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina conducida por Alba Cid.

A entrada é libre a todas as actividades

PROGRAMA TradFest Compostela 2025:

MUSEO DO POBO GALEGO

  • 11:30 – Acto de apertura: ‘Conversa con…’ Antón Santamarina. Conduce: Alba Cid
    11:00 a 13:45 – Visitas á exposición “Cantareiras. Oralidad, creación, transmisión”

IGREXA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

  • 12:30 – Chruinne

PRAZA DA QUINTANA

  • 12:00 – “PASEOS” da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela + Pedro Lamas: “De Bonaval á Quintana”. Dirixe: Casiano Mouriño. Canto e pandeireta: Merchi Rodríguez. Gaita: Pedro Lamas.

PRAZA DE MAZARELOS

  • 13:00 – Foliada Asalto con Pesdelán
  • 14:00 – Mediarea

PARQUE DE BONAVAL

  • 17:00 – Xiro
  • 18:00 – Faltriqueira
  • 19:15 – Irmaus da Raia Seca

PRAZA DE MAZARELOS

  • 20:30 – Cocanha (Occitania)

PRAZA DA QUINTANA

  • 21:30 – Tres Pesos
  • 22:30 – Baiuca
  • RUADAS durante toda a xornada con Os Viqueiras e Os Enxebres de San Lázaro
  • FEIRA de Artesanía e Música. Praza de Mazarelos.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario