Xisco Feijóo ofrece un concerto participativo para cantar sobre a tradición máis renovada do noso patrimonio. Fai parte dunha xeira de recitais e foliadas que está a levar a recunchos do país en locais pequenos e selectos. A sesión consiste en pura música tradicional nun percurso por varias zonas da Galiza e as súas prácticas festivas e cotiás. Parte da intervención está enfocada á participación do público a quen se lle convida para traeren instrumentos e ferrallada para colaborar.
Terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril no Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) da zona nova de Santiago de Compostela e con el iniciamos unha serie de actividades nos CSCs en abril e maio de 2024: No Campo de Fóra
Xisco Feijoó, despois de ter feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese lanzando o seu último traballo discográfico: PEIXE.
Xisco Feijóo é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.
Estes cursos están organizados por aCentral Folque co apoio do Concello de Santiago e a Rede de Centros Sociculturais da cidade