aCentral Folque estaremos participando esta fin de semana do 24 e 25 de maio en Santiago de Compostela nas conmemoracións do Banquete de Conxo cun posto da nosa división editorial no VI Mercado do Libro e a Artesanía que se celebra con tal motivo na praza Aurelio Aguirre toda a fin de semana. O domingo ás 12 horas na praza Aurelio Aguirre estarán Alberto Cancela Montes presentando o seu libro “Taibo. Verso libre da música galega. Santiago de Compostela|México D.F.” xunto coa musicóloga Beatriz Cancela
Luís Taibo García (Santiago de Compostela, 1877 – México D.F., 1954) é unha rara avis in terris e figura fundamental dentro da cultura musical galega. Profesionalmente dividiu a súa vida entre a música e a medicina, pero tamén entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente. No ámbito musical supón un paso máis cara o nacionalismo galego, dende un estilo moi persoal e sempre enraizado na tradición galega.
Compositor, pianista, director coral, escritor e médico, Luís Taibo foi unha figura poliédrica esencial nos diferentes movementos galeguistas de finais do século XIX e primeira metade do XX. Luís Taibo está vinculado a Conxo onde exerceu a medicina no Hospital Psiquiátrico de Conxo, que dirixía Juan Barcia Caballero amigo e mentor de Taibo, entre 1906 e 1908 ano no que marchou para México.
A iniciativa enmárcase na celebración do Banquete de Conxo, un dos fitos históricos máis salientábeis acontecidos no século XIX en Santiago e de grande transcendencia cultural e política. O mercado abrirá o sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30 horas.
Para coñecer o programa enterio de actividades, segue esta ligazón.










