O pasado decembro o proxecto trasnfonteirizo de Ariel Ninas, Catarina Moura e César Prata realizou unha serie de concertos sobre repertorio natalicio co nome de Cantos de Nadal no Camiño Portugués que levou cancións tradicionais galegas e portuguesas a igrexas de Oia, Baiona, Cladas, Padrón e Ames. Lanzamos agora algúns vídeos gravados durante estes recitais que se poden ver na canle de Youtube de aCentral Folque.
Cantos de Nadal no Camiño Portugués foi unha serie de concertos en espazos de interese patrimonial e relixioso nun percurso de sul a norte ao longo da ruta xacobea a finais de decembro de 2020 dos artistas Catarina Moura, César Prata e Ariel Ninas con repertorio galego-portugués do ciclo de Advento á Epifanía. Este proxecto foi organizado por aCentral Folque e promovido pola Xunta de Galicia por medio do seu programa de #OteuXacobeo para o Xacobeo 2021.
Os vídeos foron gravados ao vivo co son en directo tomado por Andrés Díaz e imaxes de Neno Escuro.
Igrexa de San Xoán de Ortoño, Ames
Igrexa do mosteiro de Santa María de Oia
Igrexa de Santiago de Padrón